mércores, 10 de xaneiro de 2024
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2024
luns, 11 de xullo de 2022
ACCESO Á FPB 2022
Xa están publicadas as listaxes provisionais para acceder a unha praza en FPB, consulta si estás na lista a través do CPC que figura na folla de información importante do resgardo da solicitude de participación na admisión á formación profesional de grao básico: listaxe provisionais de solicitude. Calquera dúbida sobre a situación persoal neste proceso de admisión será resolta polo centro no que se realizou a solicitude.
mércores, 1 de setembro de 2021
SE QUERES FACER UNHA FPB
Si estás pensando en obter unha formación profesional básica para traballar ou para poder acceder á FP de grao medio e non tes a titulación exixida, podes solicitar praza nun centro para cursar un ciclo básico, do catálogo da FPB. Continúa lendo si te interesa esta información.
xoves, 24 de xuño de 2021
ADMISIÓN Á FP 2020-2021
Xa está aberto o plazo para solicitar ciclos (medios e superiores, os básicos en setembro), tes ata o 8 de xullo. É moi importante ter as túas preferencias claras, fai unha listaxe dos ciclos que te interesan ordeados de maior a menor preferencia.
mércores, 9 de xuño de 2021
OFERTA DE FP PARA O CURSO 21-22
A FP pódese cursar no réxime ordinario, na modalidade presencial ou de xeito parcial por
módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.
Consultade a oferta de ciclos para o curso 2021/2022 no réxime ordinario, adultos, nas distintas modalidades (presencial ou a distancia) en centros públicos. Aquí tes FPB, grao medio e grao superior.
xoves, 23 de abril de 2020
QUE PASA COA FCT EN GALICIA
- Realizar a FCT no período ordinario: os centros poderán reducir a súa duración, facer a FCT en días non lectivos, utilizar a fórmula do teletraballo, nas ensinanzas de grao superior integrar a FCT e o proxecto, na FPB e grao medio substituír a FCT por unha proposta de actividades asociadas á contorna laboral.
- Realizar a FCT fóra do período ordinario: desenvolver a FCT antes do 31 de agosto deste ano, a partir do 1 de setembro.
luns, 18 de xuño de 2018
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
- Ser proposto/a polo equipo docente
- Consentimento da familia
- Facer 15 ou 16 no ano de inicio
- Ter cursado 3º de ESO ou excepcionalmente 2º de ESO
Consulta a oferta de ciclos de FP Básica en centros públicos.
Período de admisión: Do 1 ao 12 de setembro.