Amosando publicacións coa etiqueta Admisión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Admisión. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de xuño de 2021

ADMISIÓN Á FP 2020-2021

Xa está aberto o plazo para solicitar ciclos (medios e superiores, os básicos en setembro), tes ata o 8 de xullo. É moi importante ter as túas preferencias claras, fai unha listaxe dos ciclos que te interesan ordeados de maior a menor preferencia. 

luns, 18 de maio de 2020

MATRICULARSE NA ABAU 2020

Publicouse o día 15 deste mes, a convocatoria de matrícula na ABAU, neste documento informan dos prazos, documentos que hai que presentar, prezos, calendario de exames, normas e outros datos de interés, fágovos un resumo e déxovos o enlace ao documento para que o leades.

mércores, 26 de xuño de 2019

UNHA AXUDA PARA SOLICITAR CICLOS MEDIO OU SUPERIOR 2019-2020

Vai a http://www.edu.xunta.es/fp/
Na parte dereita da páxina entra en "Admisión ciclos".
Se nunca tiveche unha conta en edu.xunta.es entra en: "Admisión FP: alta de solicitude sen certificado dixital nin usuario".
Cubre os datos que se te piden, DNI e o teu correo electrónico, dalle a enviar.
É moi fácil, sigue as instruccións, se tes problemas podes ver o video. 

sábado, 22 de xuño de 2019

ADMISIÓN NA FP 2019

Para a admisión á FP deberás presentar unha solicitude: do 24 de xuño ao 2 de xullo ás 13:00 horas. Consulta o calendario.
Deberá cubrirse unha única solicitude para cada modalidade e grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.es/fp. Consulta como facelo aquí.
Consulta os folletos.

mércores, 12 de xuño de 2019

PARA RAÚL E ISMAEL: PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN Á FP 2019

Podes ir mirando o que terás que facer, recorda que o prazo de admisión para o curso 2019-2020 comeza o 25 de xuño e remata o 3 de xullo, así que ainda non temos as instrucións para o presente curso. Consulta, a información que te deixo a continuación, para que vexas como foi o ano pasado, seguro que será moi parecido.
A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.