Amosando publicacións coa etiqueta Admisión SUG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Admisión SUG. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de maio de 2022

CHARLA SOBRE A ADMISIÓN AO SUG 2022

 Déixovos a presentación que utilizamos César e mais eu na charla do xoves 19 de maio. Espero facelo ben e que podades compartila sen problemas.



luns, 18 de maio de 2020

MATRICULARSE NA ABAU 2020

Publicouse o día 15 deste mes, a convocatoria de matrícula na ABAU, neste documento informan dos prazos, documentos que hai que presentar, prezos, calendario de exames, normas e outros datos de interés, fágovos un resumo e déxovos o enlace ao documento para que o leades.

mércores, 6 de maio de 2020

SOBRE A ABAU 2020

Xa temos o calendario completo: 7, 8 e 9 de xullo para a convocatoria ordinaria, 8,9 e 10 de setembro para a convocatoria extraordinaria.
Consulta o horario, xa sabes que son tres días, desde as 9:00 da mañá ata as 19:00 ou 19:30, o terceiro día so teredes xornada de mañá.
Nas instrucións penso que non hai variación respecto ao ano pasado.
Si te apetece mira este video sobre a ABAU en galego.

luns, 24 de xuño de 2019

ADMISIÓN E MATRÍCULA NAS UNIVERSIDADES GALEGAS 2019


Xa está aberto o prazo para solicitar ser admitido/a a algún título de grao. Será necesario cubrir unha solicitude de admisión (preinscrición) dentro dos prazos establecidos: a través da aplicación NERTA ou entregandoa debidamente cuberta nos LERD.