Amosando publicacións coa etiqueta estudos superiores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta estudos superiores. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de abril de 2024

GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES DE GALICIA 2024

Este ano a UDC e a Voz de Galicia edita unha nova guía, a correspondente ao 2024. Neste documento atoparedes información sobre titulacións, o acceso, a admisión, matrícula, bolsas e vida universitaria de Galicia, ponderacións entre outras  cousas.Tamén da FP, dos másteres da FP, e das ensinanzas de réxime especial como deportes, deseño, e outras.


luns, 20 de maio de 2019

CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

Requisitos para o acceso a estes estudios
  • Estar en posesión do título de bacharel ou equivalentee superar unha proba específica de acceso, podes presentarte con pendentes e matricularte de forma provisional.
  • Poderán acceder aos estudos de Conservación e Restauración, sen realizaren proba específica, os que estén en posesión dun título de cnico superior en Artes Plásticas e Deseño.

ACCESO E ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO 2019/20

Prazo Do 14 de maio ao 7 de xuño.
Requisitos para o acceso a estes estudios
  • Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente, e superar unha proba específica de acceso, podes presentarte con pendentes e matricularte de forma provisional.
  • Poderán acceder aos estudos superiores en Deseño, sen realizaren proba específica, os que estén en posesión dun título de cnico superior en Artes Plásticas e Deseño.

martes, 28 de maio de 2013

Acceso á Escola Superior de Arte Dramática

Inscrición para realizar as probas: 
A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no prazo comprendido entre o 14 de maio e o 14 de xuño, ambos incluídos.
Requisitos:
En posesión do título de bacharel e superar unha proba específica.
Proba específica. 
O sistema de acceso constará dunha única proba que comprenderá
dous exercicios. O primeiro exercicio é común a todas as especialidades e consistirá en
dúas probas escritas. A primeira consistirá na análise dun fragmento dunha obra dramática e a segunda, consistirá na análise dun fragmento dun ensaio teatral. O segundo exercicio estará referido á especialidade pola cal opten, o cal se determina nas epígrafes seguintes:
• Especialidade de Interpretación:
1) Traballo en grupo.
2) Traballo de interpretación.
3) Entrevista persoal.
• Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia:
1) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria.
2) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática.
3) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia.
4) Proba de dirección de actores.
5) Entrevista persoal.
• Especialidade de Escenografía:
1) Realización dun debuxo do natural.
2) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto.
3) Comentario dun texto relacionado coa escenografía.
4) Entrevista persoal.
Calendario
Comunicación dos resultados: 9 xuño
Listas de admitidos: 12 xullo
Matrícula: do 15 ao 30 de xullo

Accede á convocatoria

Admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o 2013/2014

Instrucións

A inscrición farase na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución (14 de maio) e o día 13 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, o centro deberá expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.

Requisitos:
  • En posesión do título de bacharel 
  • Superación dunha proba de acceso, os que estén en posesión do título de técnico superior en artes plásticas e deseño accederán sen proba.
Inscrición ás probas:

Realízase na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia
Do 14 de maio ao 13 de xuño.
Deberedes cubrir unha solicitude de admisión e entregala na secretaría do centro xunto coa documentación que proceda.
Consulta si estás admitido o día 14 de xuño, senon poderás reclamar entre o 17 e o 18.

Data das probas:
25 de xuño
As probas
Exercicio 1: Análise dun texto relacionado cos bens culturais
Exercicio 2: Escoller dúas materias entre Hª de España, Hª da Arte, Física e Química, Bioloxía. 
Exercicio 3: 
  • Realizar un debuxo do natural
  • Realización dun traballo sobre representación da cor
  • Realización dun traballo práctico para valorar a habilidade manual.
Datas de matrícula
Do 8 ao 19 de xullo.

Accede á convocatoria

xoves, 29 de novembro de 2012

PAU e os estudos universitarios



As probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, estructúranse en dúas fases:



1. Fase xeral: consta de 5 exercícios
  • Lingua castelá e literatura
  • Lingua galega e literatura
  • Hª de España ou Hª da filosofía
  • Lingua estranxeira: inglés, francés, alemán, italiano ou portugués.
  • Unha materia de modalidade de 2º de bacharelato.
2. Fase específica: é voluntaria, poderedes examinaros dun máximo de 4 materias de modalidade de 2º, distintas da elixida na fase xeral.
Se queres ...
... ver exames PAU pica aquí.
... información sobre o sistema de cualificación pica aquí.
... consultar as titulacións do sistema universitario galego pica aquí.
... algo que non teñamos aquí na terra, pica aquí.
... ás notas de corte neste enlace.
... os parámetros de ponderación das materias da fase específica pica aquí.
... o procedemento de cualificación.
... o calendario, podes consultalo picando aquí.