Amosando publicacións coa etiqueta Graos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Graos. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de abril de 2024

GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES DE GALICIA 2024

Este ano a UDC e a Voz de Galicia edita unha nova guía, a correspondente ao 2024. Neste documento atoparedes información sobre titulacións, o acceso, a admisión, matrícula, bolsas e vida universitaria de Galicia, ponderacións entre outras  cousas.Tamén da FP, dos másteres da FP, e das ensinanzas de réxime especial como deportes, deseño, e outras.


domingo, 9 de xaneiro de 2022

MAICA COMPARTE UN TRÍPTICO SOBRE AS ENXEÑERÍAS EN LEÓN

Maica comparte a oferta en Enxeñerías da Universidade de León, si visitas a súa páxina web teñen colgados trípticos de todas as especialidades: Informática, eléctrica, aeroespacial,
mecánica, electrónica industrial e automática, eléctrica.

As enxeñarías en Galicia tamén suben a súa nota de corte, por exemplo a última alumna que obtivo praza en enxeñaría informática na Universidade de Coruña obtivo un 10,270, na Universidade de León a última obtivo un 6,620, con esto quero dicir que está moi ben buscar mais opcións e abrir portas.

luns, 1 de marzo de 2021

TRABALLADOR/A SOCIAL OU EDUCADOR/A SOCIAL?

Ola Manuel, despois de mirar aquí e aló, hai poucas diferencias, o/a traballador/a social actúa mais con burocracia,  deseña, aplica e avalía plans de intervención na exclusión social, na prevención, na articulación de recursos, derivacións a outras institucións, asesoramento, investigación entre outros. O/a educador/a social ten mais trato coas persoas, educando e intervindo tamén a través de programas en problemas de habilidades sociais, ocio, en xeral na mellora das condicións de vida de diversos colectivos que precisan axuda.Consulta o que nos indica a Guía de estudos superiores de Galicia: Educación social e Traballo social.


venres, 15 de maio de 2020

OFERTA ACADÉMICA NA UDC

A universidade de Coruña oferta tres titulacións novas: 
  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, que se impartirá na Facultade de Ciencias-Campus A Coruña
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, que e impartirá na Facultade de Economía e Empresa-Campus A Coruña
  • Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, que se impartirá na EU Politécnica-Campus Ferrol
A outra novidade para o curso 2020/2021 é que o Grao en Turismo non terá custos adicionais, pasando a ser o importe da matrícula o establecido de xeito xeral para as titulacións da súa rama de coñecemento, e impartirase nas instalacións da Facultade de Filoloxía-Campus A Coruña 

mércores, 13 de maio de 2020

ACCIÓNS DE INFORMACIÓN SOBRE A ABAU E OFERTA FORMATIVA DA UVIGO

Nesta etapa de confinamento, na que a presencialidade non é unha opción, a Universidade de Vigo deseñou unha serie de accións específicas para manter informados aos centros de secundaria e de FP con respecto ás novidades que imos coñecendo da ABAU e da matrícula, así como sobre a nosa oferta formativa e a vida universitaria.