Amosando publicacións coa etiqueta UVIGO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta UVIGO. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2020

XORNADA DE PORTAS ABERTA NA UVIGO

Dende a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, organizan a Xornada de Portas Abertas Virtual (a Energy Virtual) o próximo día 25 de xuño dende as 12 horas ata as 13 horas.
O obxectivo é mostrar aos rapaces e rapazas de secundaria as posibilidades e saídas profesionais que teñen os nosos graos: Grao en Enxeñaría da Enerxía e Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.

luns, 8 de xuño de 2020

VIDEO SOBRE XEOGRAFÍA E HISTORIA EN VIGO

Xa que a pandemia impediulles continuar coa súa campaña de promoción no grao en Xeografía e Historia de Vigo, realizaron un vídeo de difusión adaptado as novas circunstancias, e pedíronnos que volo mostrásemos, e así o fago.

mércores, 13 de maio de 2020

ACCIÓNS DE INFORMACIÓN SOBRE A ABAU E OFERTA FORMATIVA DA UVIGO

Nesta etapa de confinamento, na que a presencialidade non é unha opción, a Universidade de Vigo deseñou unha serie de accións específicas para manter informados aos centros de secundaria e de FP con respecto ás novidades que imos coñecendo da ABAU e da matrícula, así como sobre a nosa oferta formativa e a vida universitaria.