Amosando publicacións coa etiqueta SUG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SUG. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de xaneiro de 2021

ENXEÑARÍA INDUSTRIAL, UN ARTIGO DA VOZ

Hai 9 graos en Galicia vinculados a esta disciplina, pode que no curso vindeiro o noso alumnado poida facer tamén unha enxeñaría de automoción, impartirase en Vigo. Si queres informarte das catro grandes ramas da enxeñaría industrial lé este artigo da prensa.

Grazas Maica

venres, 15 de maio de 2020

OFERTA ACADÉMICA NA UDC

A universidade de Coruña oferta tres titulacións novas: 
  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, que se impartirá na Facultade de Ciencias-Campus A Coruña
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, que e impartirá na Facultade de Economía e Empresa-Campus A Coruña
  • Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, que se impartirá na EU Politécnica-Campus Ferrol
A outra novidade para o curso 2020/2021 é que o Grao en Turismo non terá custos adicionais, pasando a ser o importe da matrícula o establecido de xeito xeral para as titulacións da súa rama de coñecemento, e impartirase nas instalacións da Facultade de Filoloxía-Campus A Coruña 

mércores, 13 de maio de 2020

REVISTA ENTRE ESTUDIANTES DO 12 DE MAIO

Esta revista decide publicar en aberto o número de maio, poderedes atopar un montón de artigos e reportaxes de actualidade. Ademais, analizan en profundidade os graos de Historia da Arte e Deseño.

martes, 12 de maio de 2020

NOVIDADES NA OFERTA DO SUG PARA O 2020/2021

Como principais novidades, o Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporará o vindeiro curso tres novos títulos de grao e os seus tres primeiros graos abertos. En total ofertaranse 11.483 prazas en titulacións de grao (143 máis ca no actual curso) e 5.151 nas de máster (20 máis ca este ano académico).

luns, 24 de xuño de 2019

OFERTA DE PRAZAS NA UNIVERSIDADE GALEGA 2019



Consulta a oferta de prazas na universidade galega para o curso 2019-2020. Se picas na imaxe poderás consultar o documento en grande, está sacado da páxina da CIUG, o centro neurálxico de todo o relacionado á admisión e matrícula na universidade galega.

Moita sorte.