Este ano a UDC e a Voz de Galicia edita unha nova guía, a correspondente ao 2024. Neste documento atoparedes información sobre titulacións, o acceso, a admisión, matrícula, bolsas e vida universitaria de Galicia, ponderacións entre outras cousas.Tamén da FP, dos másteres da FP, e das ensinanzas de réxime especial como deportes, deseño, e outras.
Amosando publicacións coa etiqueta UDC b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta UDC b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 10 de abril de 2024
mércores, 6 de abril de 2022
I XORNADAS PRESENCIAIS DE PORTAS ABERTAS NO CAMPUS DE FERROL
O Campus Industrial e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro venres 22 de abril de 2022, a I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial). Hai dúas quendas, unha pola mañá para visitas organizadas por institutos e outra pola tarde para o público en xeral, nos non podemos levarvos polo que si estades interesadas/os teredes que ir pola vosa conta. Tedes que escoller un itinerario e formalizar a vosa inscrición, seguide lendo si vos interesa.
luns, 21 de marzo de 2022
XORNADAS VIRTUAIS DE PORTAS ABERTAS UDC 2022
Este ano a universidade de A Coruña organiza unhas xornadas virtuais para achegar
información de utilidade sobre os graos que se ofertan na UDC.Estas xornadas terán lugar os vindeiros mércores 30 e xoves 31 de marzo, en horario de 16:00h a 20:00h
As Xornadas comezarán coa charla en directo sobre as ABAU - PREINSCRICIÓN do prof. Pedro Armas, Delegado da UDC ante a CIUG, nas que expoñerá o calendario e novidades para o 2022.
luns, 8 de xuño de 2020
GRAVACIÓN VIDEOCONFERENCIA SOBRE ADE NA UNIVERSIDADE DE CORUÑA
Déixovos o enlace para acceder a esta gravación e a un video sobre a Facultade de Economía e Empresa. Poderás consultar materiais adicionais como os estudos, acceso, admisión e orientación, e tamén un enlace a ollada dos estudantes, así como infografía sobre graos que se imparten nesta Facultade.
venres, 15 de maio de 2020
OFERTA ACADÉMICA NA UDC
A universidade de Coruña oferta tres titulacións novas:
- Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, que se impartirá na Facultade de Ciencias-Campus A Coruña
- Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, que e impartirá na Facultade de Economía e Empresa-Campus A Coruña
- Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, que se impartirá na EU Politécnica-Campus Ferrol
A outra novidade para o curso 2020/2021 é que o Grao en Turismo non terá custos adicionais, pasando a ser o importe da matrícula o establecido de xeito xeral para as titulacións da súa rama de coñecemento, e impartirase nas instalacións da Facultade de Filoloxía-Campus A Coruña
Consulta todas as titulacións ofertadas na UDC.
martes, 21 de abril de 2020
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS NA UDC
Achégate!
domingo, 31 de marzo de 2019
VISITA A UDC 2019
O xoves 28 de marzo visitamos a universidade de Coruña co alumnado de 1º deBacharelato e 4ºESO. A saída prolongouse toda a mañá xa que nos desplazaron por Riazor, Elviña e Oza. O alumnado previamente tivo que escoller un dos catro itinerarios nos que se agrupan as facultades e graos para visitar: o itinerario das enxeñarías e arquitectura, as artes e humanidades, as ciencias sociais e xurídicas e o itinerario das ciencias e ciencias da saúde.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



