Nos Encontros podes facer unha visita ás titulacións da USC e a algúns dos Servizos que a USC pon a disposición dos estudantes.
Ademais para cada titulación terás un enlace que che permitirá manter dende o teu ordenador unha videoconferencia con profesores e estudantes do centro, no horario que está indicado xunto ó enlace.


