Amosando publicacións coa etiqueta 1º bacharelato. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º bacharelato. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de xaneiro de 2021

PILOTO/A DE AVIACIÓN EN ADVENTIA

Adventia é unha escola aeronáutica, un centro adscrito á universidade de Salamanca, pero é privado, polo que teredes que pagar unha pasta, 136.000 euros en 4 anos, por ano 34.000 pero según din pódese financiar a través dun banco (BBVA ou outro). Aquí encárganse da formación de pilotos/as civiles pero tamen poderás facer alí un curso de tripulante de cabina de pasaxeiros, un curso de piloto de drones e de RPAS.

martes, 31 de marzo de 2020

ENCONTROS NA USC

Vanse celebrar uns encontros virtuais na Zona USC, 6 7 e 8 de abril de 2020, dentro do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.

Nos Encontros podes facer unha visita ás titulacións da USC e a algúns dos Servizos que a USC pon a disposición dos estudantes.

Ademais para cada titulación terás un enlace que che permitirá manter dende o teu ordenador  unha videoconferencia con profesores e estudantes do centro, no horario que está indicado xunto ó enlace. 

mércores, 5 de febreiro de 2020

VISITA Á USC 2020: ENCONTROS NA USC

O xoves 6 de febreiro as titoras (Sandra e Elena), o alumnado do IES de Curtis de 1º de bacharelato e eu achegámonos á universidade de Santiago. 
Os rapaces e rapazas escolleron un dos 14 percorridos numerados, e alí guiados polo alumnado da universidade, visitaron ou recibiron unha charla nesas aulas magnas tan chulas. 

Accede a dous videos: video 1 e video 2

martes, 4 de febreiro de 2020

BECAS EUROPA XVI EDICIÓN

Iniciativa única promovida polo Banco de Santander e a Universidade Francisco de Vitoria para potenciar o talento, premiar a excelencia e apoiar a creación de redes de liderazgo.
Trátase dun recorrido por Europa durante tres semáns, visitando prestixiosas universidades e institucións.

martes, 18 de xuño de 2019

CADERNOS DE INFORMACIÓN ACADÉMICA 2019

Déixovos os cadernos de información académica, con todas as opcións que se vos presentan  para que consultedes o que precisedes. Este material fíxose grazas ao material que Mónica Diz comparte no seu blog.
caderno de 1º bacharelato
caderno de 4º 
caderno de 2º
caderno de 3º
Caderno para 2ºbacharelato

mércores, 1 de maio de 2019

VII CAMPUS DE VERÁN XUVENCIENCIA PARA 4ºESO E 1ºBACHARELATO

O VII Campus de Verán XuvenCiencia, é un campamento científico da USC no que cento cincuenta estudantes de ensino medio vivirán unha semana de experiencias inesquecibles, ábrese o prazo de inscrición o vindeiro 3 de maio  se te interesa.