Amosando publicacións coa etiqueta A ponte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A ponte. Amosar todas as publicacións

martes, 31 de marzo de 2020

ENCONTROS NA USC

Vanse celebrar uns encontros virtuais na Zona USC, 6 7 e 8 de abril de 2020, dentro do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.

Nos Encontros podes facer unha visita ás titulacións da USC e a algúns dos Servizos que a USC pon a disposición dos estudantes.

Ademais para cada titulación terás un enlace que che permitirá manter dende o teu ordenador  unha videoconferencia con profesores e estudantes do centro, no horario que está indicado xunto ó enlace. 

mércores, 20 de decembro de 2017

PROGRAMA A PONTE

Onte o 19 de decembro visitou o IES de Curtis Vicente, profesor da facultade de física da USC. Falou dalgunhas cuestións moi interesantes que posibilitan unha transición máis armónica entre as dúas etapas: bacharelato e universidade. Quizá o mais relevante, desde a miña opinión, foi que nos transmitiu a idea da gran dispoñibilidade de información na actualidade, a importancia de seleccionar páxinas seguras, unha delas, a páxina das universidades públicas galegas están moi ben dotadas, poderedes consultar residencias, becas, programas de movilidade, títulos de grao, materias, profesores e moitas mais cousas. Outro aspecto no que fixo fincapé foi a idea da importancia de escoller algo que de verdade vos interese, dixo que aí está a clave do éxito.
En breve vos deixo a súa presentación.

venres, 16 de decembro de 2016

1ª ACTIVIDADE DO PROGRAMA "A PONTE"


O día 19 de febreiro, o vindeiro luns no IES de Curtis, de 10:45 a 11:35, virá Luis M. Hervella Torrón, Delegado do Reitor para o Ensino Medio, vicepresidente da CIUG e coordinador do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” (proporcionan orientación para os futuros estudantes e estudantas universitarios/as, e poidan elixir o que mais se adapte as súas preferencias).

A charla desenvolverase no salón de actos, e tratará de contarnos cousas do campus de Santiago e Lugo, oferta académica, servizos e sobretodo despexar dúbidas con respecto á forma de acceso ao SUG.