mércores, 6 de abril de 2022

I XORNADAS PRESENCIAIS DE PORTAS ABERTAS NO CAMPUS DE FERROL

O Campus Industrial e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro venres 22 de abril de 2022, a I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial). Hai dúas quendas, unha pola mañá para visitas organizadas por institutos e outra pola tarde para o público en xeral, nos non podemos levarvos polo que si estades interesadas/os teredes que ir pola vosa conta. Tedes que escoller un itinerario e formalizar a vosa inscrición, seguide lendo si vos interesa.
Estas son as dúas quendas:
Pola mañá de 09:00 a 15:00 horas  para institutos
Pola tarde de 16:00 a 20:00 horas para o público Xeral

O alumnado ou público participante poderá elixir entre TRES posibles itinerarios:

  1.  Ciencias da Saúde:
       Facultade de Enfermaría e Podoloxía (FEP)
       Grao en Enfermaría<https://estudos.udc.es/gl/study/start/750G01V01>
       Grao en Podoloxía<https://estudos.udc.es/gl/study/start/750G02V02>
  2.  Ciencias Sociais e Xurídicas
       Facultade de Humanidades e Documentación (FHD)
       Grao en Xestión Industrial da Moda<https://estudos.udc.es/gl/study/start/710G03V01>
       Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación<https://estudos.udc.es/gl/study/start/710G04V01>
        Grao en Relacións Internacionais (Novo! Curso 2022/23)<https://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/ensino/graos/propostasmod202122/GraoRRII.pdf_2063069239.pdf>
        Facultade de Ciencias do Traballo
        Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos<https://estudos.udc.es/gl/study/start/760G01V01>
  3.  Enxeñaría
       Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF)
       Grao en Enxeñaría Mecánica<https://estudos.udc.es/gl/study/start/730G03V01>
       Grao en Tecnoloxías Industriais<https://estudos.udc.es/gl/study/start/730G04V01>
       Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica<https://estudos.udc.es/gl/study/start/730G05V02>
       Programa de Simultaneidade Grao en Enxeñaría Mecánica + Enxeñaría Naval e oceánica                             <https://estudos.udc.es/gl/study/start/730G06V02>
       Grao en Enxeñaría Eléctrica (opción de cursar a modalidade DUAL)<https://estudos.udc.es/  gl/study/start/770G02V02>
        Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática<https://estudos.udc.es/gl/study/start/770G01V01>
        GRAO ABERTO en Enxeñaría Industrial (elixen a especialidade no segundo curso)<https://estudos.udc.es/gl/study/start/770G03V01>
         Escola Universitaria en Deseño Industrial (EUDI)
         Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto<https://estudos.udc.es/gl/study/start/771G01V01>

Debes formalizar a túa inscrición na I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial) antes das 14:00 horas do LUNS 11 de ABRIL de 2022 -> https://bit.ly/3iooB00

Podes atopar máis información sobre as titulacións da Universidade da Coruña no Campus Industrial de Ferrol no Portal de Estudos<https://estudos.udc.es/gl/StudyAtUdc/degree>.

Ningún comentario: