xoves, 24 de xuño de 2021

ADMISIÓN Á FP 2020-2021

Xa está aberto o plazo para solicitar ciclos (medios e superiores, os básicos en setembro), tes ata o 8 de xullo. É moi importante ter as túas preferencias claras, fai unha listaxe dos ciclos que te interesan ordeados de maior a menor preferencia. 

En primeiro lugar tes que solicitar praza, para elo cubres un formulario nunha aplicación informática, escribindo os teus datos e os ciclos que solicitas por orde de preferencia. Podes consultar información para cubrir o formulario aquí. O poderás ver un video sobre como cubrir a solicitude, ainda non está operativo.

PRAZOS

Calendario de admisión:

Ordinario: do 25 de xuño ao 5 de xullo

Extraordinario: do 1 ao 9 de setembro

CICLOS FORMATIVOS

Consulta os folletos cos ciclos de grao medio e superior por familias.

Consulta os ciclos básicos, medios e superiores por familia e ciclos.

Consulta os ciclos por provincia e concello.

CUBRIR A SOLICITUDE

Consulta as instrucións. Para o réxime ordinario e par o réxime de adultos deberá cubrirse unha única solicitude para cada modalidade e grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.es/fp. O sistema xera un impreso que se deberá conservar como resgardo de realización da solicitude. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos para ser selada, datada e validada.

Para realizar a solicitude sen certificado dixital e sen usuario, terás que ir a www.edu.xunta.gal/ciclosadmision e premer sobre "Alta solicitude web", solicítante o DNI e un enderezo electrónico, despois tes que ir seguindo as instrucións.

O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes que se publiquen será necesario obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión.

  • Instrucións para obter o código persoal de consulta e o historial de admisión (pendente de publicación)
  • Acceso directo para consultar o código persoal de consulta (CPC) a través do código da solicitude (pendente de publicación)

CRITERIOS PARA O DESEMPATE

Recorda que os que acceden no período ordinario teñen preferencia sobre os da convocatoria extraordinaria. A nota media é tamén fundamental, para grao medio será a media de 4º de ESO e para grao superior será a media de bacharelato.

Criterios de desempate Aplicarase o establecido nos artigos 10, 11, 12 e 13 da Orde do 15 de xuño de 2016. A relación de ciclos formativos co sexo preferente que corresponde asignar nos casos de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar está dispoñible no enderezo web www.edu.xunta.es/fp. De persistir o empate, este resolverase atendendo ao publicado na Resolución do 25 de febreiro de 2021  pola que se fai público o resultado do sorteo a que fai referencia o artigo 29 da Orde do 12 de marzo de 2013. Consonte o resultado do sorteo, serán as letras W e S as de prioridade que afectan ao primeiro apelido, e as letras B e F as que afecten ao segundo apelido, para os efectos de resolución do desempate na orde de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos no curso 2021-2022.

Ciclos de grao medio preferentes para os/as que acceden co título de FPB pendente de actualización

Criterios desempate para o acceso a grao medio e superior (letras do sorteo e sexo preferente)

Modalidades preferentes de bacharelato e materias vinculadas para o acceso a grao superior.

MATRÍCULA

Deberase obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula (para o réxime ordinario ou para o réxime de persoas adultas segundo corresponda) que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp. Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberá entregarse persoalmente ou por persoa autorizada no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación no centro en que lle fose adxudicada a praza en que se vaia matricular. Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática; esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial. De non efectuar a matrícula no prazo correspondente á praza adxudicada perderá o dereito á súa praza e só poderá matricularse no caso de existir prazas vacantes. Para o 1º curso do réxime ordinario e para o réxime de persoas adultas en modalidade a distancia poderase realizar a solicitude/ reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp. Para o acceso, entre outros procedementos de autenticación, será preciso cubrir os datos de identificación e da solicitude de inscrición coa que se obtivo a praza adxudicada.

Para o réxime de adultos en modalidade presencial non se poderá realizar a través de internet, será necesario entregar no centro unha única solicitude de matrícula seguindo as instrucións que se publiquen.

RENUNCIA Á PRAZA ADXUDICADA

As persoas solicitantes de primeiro curso do réxime ordinario poderán renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que lles sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza que lle fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia deberase realizar a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp, ou co impreso correspondente dispoñible no enderezo anterior, que terá que entregarse asinando nos prazos establecidos.

O feito de renunciar á adxudicación dunha praza do réxime ordinario é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera dos ciclos de maior preferencia que a praza adxudicada. As persoas solicitantes admitidas no réxime ordinario que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e só poderán matricularse no caso de existir prazas vacantes ou liberadas.

LIBERACIÓN DE PRAZAS

Poderanse liberar as prazas vacantes dos ciclos formativos ata o 31 de xullo ás 13:00 horas para alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes de matrícula. A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web de formación profesional. 

Teredes que entregar o anexo I ou II segundo correpsponda, coa documentación necesaria no centro no que teña a praza liberada, e dentro do período correspondente.


Ningún comentario: