Amosando publicacións coa etiqueta CB. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CB. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de xuño de 2021

ADMISIÓN Á FP 2020-2021

Xa está aberto o plazo para solicitar ciclos (medios e superiores, os básicos en setembro), tes ata o 8 de xullo. É moi importante ter as túas preferencias claras, fai unha listaxe dos ciclos que te interesan ordeados de maior a menor preferencia. 

martes, 7 de xullo de 2020

OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS PARA O CURSO 20-21

Consulta os
ciclos autorizados para o vindeiro curso. Recorda que as persoas que accedan a un ciclo medio que cursasen a educación secundaria obrigatoria, para o cálcula da nota de acceso, será a puntuación obtida como media aritmética das cualificacións logradas nas áreas, nas materias e nos ámbitos de 4º, agás relixión, expresada con dúas cifras decimais. En adultos só se terán en conta as notas obtidas nos tres ámbitos de coñecemento. 

luns, 18 de xuño de 2018

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Requisitos:
  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento da familia
  • Facer 15 ou 16 no ano de inicio
  • Ter cursado 3º de ESO ou excepcionalmente 2º de ESO
Se aprobas todas as materias conseguirás un título (título profesional básico) co que podes acceder á FP de Grao Medio.

Consulta a oferta de ciclos de FP Básica en centros públicos.

Período de admisión: Do 1 ao 12 de setembro.