Publicouse a Resolución do 23 de abril de 2020, pola que se adoptan medidas excepcionais do estado de alarma para a FP e ensinanzas de réxime especial: fala do módulo de FCT e das prácticas en xeral, poderase escoller entre:
- Realizar a FCT no período ordinario: os centros poderán reducir a súa duración, facer a FCT en días non lectivos, utilizar a fórmula do teletraballo, nas ensinanzas de grao superior integrar a FCT e o proxecto, na FPB e grao medio substituír a FCT por unha proposta de actividades asociadas á contorna laboral.
- Realizar a FCT fóra do período ordinario: desenvolver a FCT antes do 31 de agosto deste ano, a partir do 1 de setembro.
Tamén fala da FP dual, das ensinanzas deportivas, da formación práctica nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, as prácticas externas nas ensinanzas artísticas superiores.