En concreto...
- As Administracións competentes poderán autorizar a reducción excepcional do módulo de FCT aos mínimos permitidos
- As Administracións competentes poderán determinar a exención total ou parcial do módulo de FCT (familias sanitaria e sociocomuntaria)
- Poderán integrarse nun módulo a FCT e o de proxecto, para a FP de grao superior, poderase sustituir a estancia en empresas por unha proposta de actividades asociadas ao entorno laboral.
- Nos ciclos de FPB e grao medio: As Administracións poderán incorporar un módulo de proxecto nos currículos de FPB e na FP de grao medio, e integralo co módulo de FCT. Poderán tamén sustituir a estancia en empresas por unha proposta de actividades asociadas ao entorno laboral, calificarase de apto ou non apto e non se terá en conta para clacular a media do expediente.
- Para a FP dual, as Administracións competentes poderán entender extinguido o convenio coa empresa colaboradora.
- Nas ensinanzas deportivas: poderán quedar integrados, de maneira excepcional, os módulos de formación práctica e o de proxecto final. Poderase sustituir en grao medio a estancia en empresas por actividades asociadas a situacións reais de traballo.
- Nas ensinanzas artísticas: nos ciclos superiores de artes plásticas e deseño, poderá realizarse de forma integrada a FCT e o módulo de proxecto integrado. Nos ciclos de grao medio de artes plásticas e deseño poderá realizarse de forma integrada a FCT e o módulo de obra final.
- Nas ensinanzas artísticas superiores: as Administracións educativas competentes poderán establecer que as prácticas externas se realicen de maneira integrada co traballo de fin de estudos, ou con algunha asignatura de perfil práctico.
Publicarase mañá, e logo a nosa Comunidade Autónoma dictará para o noso ámbito de xestión, as disposicións necesarias para garantizar o disposto nesta orde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario