Lonxitude das probas:
- Realizarase unha proba para cada materia obxecto de exame, en cada proba o alumnado disporá dunha única proposta de exame con varias preguntas.
- A alumna e alumno terá que responder, a súa elección, a un número de preguntas que se determinará previamente, éste permitirá acadar a máxima puntuación na proba, con independencia das circunstancias de ter ou non acceso á ensino e aprendizaxe durante o tempo de suspensión das clases presenciais. Todas as preguntas deberán ser susceptibles de ser elixidas.
- Cada exercicio terá unha duración de 90 minutos, cun descanso de 30 minutos entre cada un deles.
- Como máximo terá preferentemente unha duración de 4 días ou 5.
Contido das probas:
- Considerarase en cada proba polo menos un elemento curricular de cada bloque de contidos, polo menos o 70% da cualificación deberá obterse a travées dos estándares de aprendizaxe de cada materia definidos no anexo I (son os estándares considerados como esenciais). As Administracións educativas poderán completar co 30% restante coa avaliación de esetándares do anexo I do RD 1105/2014 de 26 de decembro.
- As porcentaxes de ponderación para cada contido fará referencia á puntuación que se asignará ás preguntas asociadas a eses estándares, serán orientativas.
- Na elaboración de cada unha das probas procurarase utilizar alo menos un estandar para cada bloque de contido.
Datas:
- Entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, os resultados provisionais terán que estar para antes do 17 de xullo.
- Antes do 17 de setembro para a convocatoria estraordinaria, os resultados provisionais deberán estar antes do 23 de setembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario