xoves, 23 de abril de 2020

QUE PASA COA FCT EN GALICIA



Publicouse a Resolución do 23 de abril de 2020, pola que se adoptan medidas excepcionais do estado de alarma para a FP e ensinanzas de réxime especial: fala do módulo de FCT e das prácticas en xeral, poderase escoller entre:
  • Realizar a FCT no período ordinario: os centros poderán reducir a súa duración, facer a FCT en días non lectivos, utilizar a fórmula do teletraballo, nas ensinanzas de grao superior integrar a FCT e o proxecto, na FPB e grao medio substituír a FCT por unha proposta de actividades asociadas á contorna laboral.
  • Realizar a FCT fóra do período ordinario: desenvolver a FCT antes do 31 de agosto deste ano, a partir do 1 de setembro.
Tamén fala da FP dual, das ensinanzas deportivas, da formación práctica nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, as prácticas externas nas ensinanzas artísticas superiores.
  1. Na realización da FCT no período ordinario, os centros educativos poderán: 

a) Reducir a duración deste módulo ata os mínimos, 220 horas no caso de ciclos de grao medio e de grao superior, e 130 horas nos ciclos de grao profesional básico. Así mesmo, no caso dos programas formativos establecidos na Comunidade Autónoma de Galicia, a FCT poderá reducirse a 65 horas. 
b) Desenvolver o módulo de FCT en días non lectivos e/ou ampliando ao máximo as horas diarias de estadía na empresa. 
c) Favorecer que o alumnado realice ou remate o módulo de FCT mediante a fórmula do teletraballo, sempre que unha empresa ou institución ofreza esta posibilidade e o/a titor/a. 
d) Nos ciclos de grao superior derivados da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, integrar a realización da formación en centros de traballo e o módulo de proxecto nun único módulo cunha duración de 245 horas (FCT 220 horas e proxecto 25 horas)
e)  Nos ciclos de grao medio e de grao profesional básico, substituír a Formación en centros de traballo por unha proposta de actividades asociadas á contorna laboral, segundo o modelo do anexo I. 
f) Nos programas formativos, substituír a Formación en centros de traballo por unha proposta de actividades asociadas á contorna laboral, segundo o modelo do anexo I. 


2. Na realización da FCT fóra do periodo ordinario, os centros educativos poderán:



a) Desenvolver o módulo de FCT no curso actual (antes do 31 de agosto de 2020). O alumnado que de xeito voluntario desexe realizar o módulo de FCT en situacións reais de traballo, sempre que a empresa estea en condicións de acollelo e remate no curso actual, antes do 31 de agosto de 2020. O centro establecerá as medidas necesarias para levar a cabo o seguimento da aprendizaxe do/da alumno/a, tamén, por medios telemáticos. Será de aplicación o establecido na alínea 1.b) deste artigo. 



b) Desenvolver o módulo de FCT a partir do 1 de setembro de 2020. Neste caso: 


  • O alumnado matricularase en calquera dos períodos extraordinarios establecidos para realizar o módulo de FCT e, de ser o caso, o módulo de Proxecto. Para os efectos de non consumir a convocatoria asociada á matrícula do curso 2019-2020, será avaliada como unha renuncia, indicando en observacións “COVID19 - curso 2019-2020”. 
  • O alumnado pode optar por realizar o módulo de Proxecto no período establecido con carácter xeral ou ben no momento de realizar a FCT, aínda que a avaliación efectiva se fará cando se realice a FCT. 
  • Nas dúas alíneas anteriores, o alumnado deberá presentar ante o centro educativo unha solicitude segundo o modelo do anexo II, antes do 30 de xuño de 2020, que quedará arquivada no expediente do/da alumno/a. 

3. Avaliación da FCT e do Proxecto

  • Nos ciclos de grao superior realizarase de conformidade co disposto no artigo 26.1 e 26.2 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, de modo que a realización dos módulos con carácter integrado derivará na cualificación do módulo de Proxecto de maneira numérica, entre un e dez, sen decimais, e a cualificación do módulo profesional de Formación en centros de traballo cualificarase como “apto/a” ou “non apto/a”, e non se terá en conta para calcular a nota media do expediente académico. 
  • Nos ciclos de grao medio, nos ciclos de formación profesional básica e nos programas formativos, a avaliación do módulo de FCT realizarase de conformidade co disposto no artigo 26.2 da Orde do 12 de xullo de 2011 (Na avaliación do módulo profesional de FCT colaborará co titor ou coa titora do centro educativo o titor ou titora da empresa que designe o correspondente centro de traballo para o período de estadía do alumno ou da alumna. A cualificación do dito módulo profesional será en termos de «apto» ou «apta», ou «non apto» ou «non apta»)
  • Ao alumnado de segundo curso do réxime ordinario ou da modalidade de formación profesional dual, dos ciclos das familias profesionais relacionadas coa área sanitaria ou sociocomunitaria que accedese a un contrato, poderáselle aplicar a exención total ou parcial que corresponda do módulo de FCT. 
  • Para os matriculados/as na FP dual, realizarán as actividade formativas nos centros de traballo, si esto non é posible,  poderán realizar a FCT e o módulo de Proxecto según o indicado no punto 1 ou 2.
  • Nas ensinanzas deportivas, para grao superior poderán quedar integrados os módulos de FCT e de proxecto final. Nas ensinanzas de grao medio, a FCT poderase substituír por unha proposta de actividades asociadas a situacións reais de traballo ou práctica deportiva. Cualificarase como apto/a ou non apto/a.
  • Para as ensinanzas de artes plásticas e deseño, no grao superior de artes plásticas e deseño, a FCT pode quedar integrada co proxecto final. Nas ensinanzas de grao medio, a FCT poderase substituír por unha proposta de actividades asociadas a situacións reais de traballo ou práctica deportiva..
  • Nas ensinanzas de artes plásticas e deseño igual que nas outras.
  • Desenvolvemento das prácticas externas nas ensinanzas artísticas superiores: poderá realizarse de xeito integrado co traballo de fin de estudos, a avaliación realizarase de xeito numérico, entre cero e dez, cun so decimal.
Accede ao Anexo I: actividades asociadas á contorna laboral nos ciclos de grao medio, na FPB e nos programas formativos.
Accede ao Anexo II: Solicitude para a realización do módulo de FCT e do módulo de proxecto, escollendo entre dúas opcións, noutro curso ou no período establecido con carácter xeral.


Ningún comentario: