Poderán
presentarse a CM
as/os que non cumpran os requisitos académicos e teñan 17 anos ou
os fagan neste ano. Poderán presentarse a CS
as/os que non cumpran os requisitos académicos e teñan 19 anos ou
os fagan no ano da proba.
PRAZOS: - O prazo de presentación da solicitude para CM estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
- O prazo de presentación de solicitudes para o CS será o comprendido entre os días 18 de febreiro ata o 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
LUGAR
PARA PRESENTAR A SOLICITUDE:
Podes
facelo en calquera centro
que oferte ciclos formativos, o mais cercano é o IES Afonso X o Sabio. As
persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da
aplicación informática que xerará
un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude,
anexo I, que a persoa interesada
deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
DOCUMENTACIÓN
- DNI ou pasaporte
- Acreditacións, dictámenes ou xustificación documental de que presentas ou te inclúes nalgún tipo de diversidade, para solicitar unha adaptación da proba.
- Acreditación de solicitar exención dalgunha parte da proba.
MODELOS
DE EXAMES:
Para superar estes exames terás que estudiar moito, si queres
consultar as probas que se fixeron en convocatorias anteriores para
Grao medio, e para
Grao superior.
ESTRUCTURA
DO EXAME:
- Parte matemática: de matemáticas
- Parte sociolingüística: lingua castelá, lingua galega e ciencias sociais
- Parte científico-técnica: ciencias da natureza e tecnoloxía
- Parte común: Lingua galega, Lingua castelá, Matemáticas
- Parte específica: Opción A, B ou C (a elixir, e dentro desa opción tes que escoller dúas materias)
Opción
A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e
Filosofía.
Opción
B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.
Opción
C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.
Elixe
unha opción (en función das familias profesionais e os ciclos
formativos a que posibilita o acceso, segundo se establece na páxina 19 do documento de información xeral) e,
dentro da opción elixida, escolle dúas materias. Poderás
quedar exento de todo ou dalgunha parte se cumples determinados
requisitos, consúltao no departamento de orientación.
ACCEDE
AOS CONTIDOS:
Si precisas materiais didácticos pica aquí para Grao Medio.
As
probas terán lugar o día 15 de abril para o grao superior e o 27 de maio de 2021 para
o grao medio.
Publicación
provisoria de listaxe de admitidas/os a
GM:9 de abril
Publicación
definitiva de admitidas/os a
GM: 30 de abril
Publicación
provisoria de admitidas/os a GS: 10 de marzo
Publicación
definitiva de admitidas/os a
GS: 26 de marzo
Cualificacións: 8 de xuño para GM; 10 de maio para GS
EXENCIÓNS
Exencións
da parte sociolinguística da proba a CM: Presenta unha
certificación académica de ter superados os módulos profesionais
de Comunicación e Sociedade I e II dun título de FPB, ou do nivel
II de ESO para adultos.
Exencións
da parte matemática e da parte científico-técnica da proba a CM:
Presenta unha certificación académica de ter superados os módulos
profesionais de Ciencias Aplicadas I e II dun título de FPB, ou do
nivel II da ESO para adultos.
Exencións
da parte científico-técnica da proba a CM: acreditando
unha das seguintes circunstancias: presenta unha certificación
de ter superados os módulos profesionais relacionados co perfil
profesional dun título de FPB (agás FCT). Presenta o certificado de
profesionalidade de calquera nivel. Acredita como mínimo un ano de
experiencia laboral en xornada completa.
Exención
da parte común da proba a CS: Presenta unha certificación
académica de ter superada a proba a CS non incluida na opción pola
que te presentas (conforme o anexo VII), ou superar a proba de
ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Exención
da parte específica da proba a CS: ter un título de técnico
auxiliar, por superar un certificado de profesionalidade de nivel II,
acreditar un ano de experiencia profesional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario