mércores, 10 de xaneiro de 2024

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2024

Está xa publicada a convocatoria das probas de acceso a ciclos.
Poderán presentarse a GM as/os que non cumpran os requisitos académicos e teñan 17 anos ou os fagan neste ano. Poderán presentarse a GS as/os que non cumpran os requisitos académicos e teñan 19 anos ou os fagan no ano da proba.

PRAZOS
  • O prazo de presentación da solicitude para o grao medio estará abranguido entre os días 26 febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos. 
  • O prazo de presentación de solicitudes para o grao superior será o comprendido entre os días 29 de xaneiro  e o 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
LUGAR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE: 

Podes facelo en calquera centro público que oferte ciclos formativos, o mais cercano é o IES Afonso X o Sabio. As persoas interesadas deberán cubrir un formulario a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) que xerará un documento en formato pdf co formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición para grao superior. Tamén da mesma forma cubrindo o anexo I para grao medio. Podedes facelo de forma non presencial empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal).
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

DOCUMENTACIÓN
  • DNI ou pasaporte
  • Acreditacións, dictámenes ou xustificación documental de que presentas ou te inclúes nalgún tipo de diversidade, para solicitar unha adaptación da proba.
  • Acreditación de solicitar exención dalgunha parte da proba.
MODELOS DE EXAMES

Para superar estes exames terás que estudiar moito, si queres consultar as probas que se fixeron en convocatorias anteriores  entra aquí para Grao medio, e aquí para Grao superior.
Este ano poderedes solicitar a proba adaptada, teredes que acreditalo, pedide información no departamento de orientación do IES ou a vosa titora ou titor.

ESTRUCTURA DO EXAME:

GraoMedio:
  • Parte sociolingüística: lingua castelá, lingua galega e ciencias sociais
  • Parte matemática: de matemáticas
  • Parte científico-técnica: ciencias da natureza e tecnoloxía
Grao Superior:
  • Parte común: Lingua galega, Lingua castelá, Matemáticas
  • Parte específica: Opción A, B ou C (a elixir, e dentro desa opción tes que escoller dúas materias)
Opción A: Economía Empresarial, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.
Opción C: Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, Química, e Bioloxía.

Accede ás familias profesionais e ciclos aos que da acceso cada opción, no anexo VII do documento "información sobre as probas de acceso".

Elixe unha opción (cada opción conduce a familias profesionas e ciclos determinados, comproba que solicitas a opción que te conduce ao ciclo que ti desexas) e, dentro da opción elixida, escolle dúas materias. Poderás quedar exento de todo ou dalgunha parte se cumples determinados requisitos, consúltao no departamento de orientación.
Contidos e criterios de avaliación para a proba de acceso a grao medio.
Contidos e criterios de avaliación para a proba de acceso a grao superior.

CALENDARIO:

As probas terán lugar o día 18 de abril para o grao superior e o 23 de maio de 2024 para o grao medio. Accede e consulta tódalas datas relacionadas aquí.
 
LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

Publicarase o 19 de abril

EXENCIÓNS

Exencións da parte sociolinguística da proba a CM: Presenta unha certificación académica de ter superados os módulos profesionais de Comunicación e Sociedade I e II dun título de FPB, ou do nivel II de ESO para adultos.
Exencións da parte matemática e da parte científico-técnica da proba a CM: Presenta unha certificación académica de ter superados os módulos profesionais de Ciencias Aplicadas I e II dun título de FPB, ou do nivel II da ESO para adultos.
Exencións da parte científico-técnica da proba a CM: acreditando unha das seguintes circunstancias: presenta unha certificación de ter superados os módulos profesionais relacionados co perfil profesional dun título de FPB (agás FCT). Presenta o certificado de profesionalidade de calquera nivel. Acredita como mínimo un ano de experiencia laboral en xornada completa.
Exención da parte común da proba a CS: Presenta unha certificación académica de ter superada a proba a CS non incluida na opción pola que te presentas (conforme o anexo VII), ou superar a proba de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Exención da parte específica da proba a CS: ter un título de técnico auxiliar, por superar un certificado de profesionalidade de nivel II, acreditar un ano de experiencia profesional.





1 comentario:

Juan Carlos dixo...

Deseo tener un buen balance entre mi vida académica y tu vida personal y pensé en estudiar acá https://formacioprofessional.es/ esto creo que me ayudará a lograr una mayor satisfacción y permanencia en el sistema educativo