martes, 2 de abril de 2019

PRESENTACIÓN UNIVERSIDADE DE A CORUÑA 2019

Déixovos unha presentación que me enviaron os do SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do Alumnado) da Universidade de Coruña, moi interesante e completa. Trae teléfonos de interés sobre a admisión á universidade, información sobre bolsas, axudas e premios. Tamén fai unha síntese de datos como porcentaxe de aprobados en Coruña, ponderacións e outras cousas mais.
Poderás tamén repasar o procedemento de solicitude de revisión e dobre corrección das cualificacións da ABAU. Asimesmo recórdanos como calcular a nota de acceso á universidade e o procedemento para realizar a preinscripción e matrícula na universidade.

Ningún comentario: