luns, 1 de abril de 2019

GUÍA DE ESTUDIOS SUPERIORES DE GALICIA 2019-2020

Seguro que este domingo comprastes o xornal A Voz de Galicia, traía un regaliño, unha guia sobre estudos superiores: a universidade, a FP de grao superior, outros estudos (deseño, música, conservación e arte dramático). Estupendo para informarnos mellor sobre as saídas académicas en Galicia. Danvos información de 230 titulacións superiores oficiais, 82 facultades e 235 centros de formación superior. 
A guía ten mais de 100 páxinas ilustradas con fotos para facelo mais ameno. Grazas ao blog de Mónica Diz Besada está descargado o documento e podedes consultalo cómodamente, moitas grazas Mónica.


Cada rama utiliza unha cor diferente, ciencias socias azul, rosa para as ciencias, laranxa as humanidades e violeta para as artes. Nos márxes exteriores aparece o nome oficial de cada título, e aparece tamén o tipo de estudio no principio de cada texto.
Cada rama explica centros públicos, concertados e privados que imparten, tanto os graos universitarios como ciclos superiores. 
Está moi ben, cada título inclúe unha explicación con comentarios sobre as saídas profesionais.
Tamén podes acceder á información utilizando este enderezo: https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/

Ningún comentario: