mércores, 3 de abril de 2019

UNIFERIA 2019 SOBRE A USC

A USC está a participar, ata o 5 de abril, nunha feria virtual que Crue Universidades Españolas pon en marcha para axudar ao alumnado que este curso decidirá o seu futuro académico.
A plataforma virtual permitirá aos futuros universitarios vencer así as fronteiras xeográficas e temporais, informarse sobre a Universidade compostelá e, de precisalo, interactuar en tempo real co persoal da Oficina de Información Universitaria, que lles resolverán todas as dúbidas que poida ter.


UNIferia 
Xunto coa de Santiago de Compostela, nesta primeira edición de UNIferia participan outras 51  universidades españolas que informarán en liña e de maneira personalizada sobre a súa oferta académica e os pasos necesarios para poder cursar estudos superiores. O evento xurde do Grupo de Traballo dos Servizos de Información e Orientación Universitaria da Crue coa fin de garantir a igualdade de oportunidades sen as limitacións que teñen as tradicionais feiras de Educación Superior.

Ningún comentario: