mércores, 6 de febreiro de 2019

PROBAS PARA SACAR O TÍTULO DE GRADUADO POR LIBRE 2019

Xa está aberto o plazo para inscribirse a unha proba para sacar o graduado en educación secundaria obrigatoria. Anualmente convocarase polo menos dúas probas para que as persoas maiores de dezaoito anos poidan obter directamente o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Publicouse no DOG 24/01/2019 


Requisitos

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2018/19 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
As persoas con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade que teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación da proba, así como recursos adicionais para a desenvolver.

Prazos
  • Convocatoria de maio: 11 de marzo ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.
Lugares de presentación das solicitudes

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel utilizando o formulario normalizado en:

a) A Coruña: – Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15011 A Coruña.
b) Ferrol: Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
c) Santiago de Compostela: Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela. Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.

Documentación

Solicitude e documentación complementaria no caso de precisala (Copia do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias, acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega, certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais)

Datas das probas

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 24 de maio e 6 de setembro para as respectivas convocatorias.

Probas
  • De 9.30 horas ás 12.00 horas, ámbito científico-tecnolóxico: Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
  • De 12.15 horas ás 13.15 horas, ámbito social: Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.
  • De 16.00 horas ás 19.00 horas, ámbito da comunicación:
    a) Lingua galega e literatura.
    a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
    a.2) Cuestións de Lingua galega e literatura.
    b) Lingua castelá e literatura.
    b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua galega e literatura.
    b.2) Cuestións de Lingua castelá e literatura.
    c) Lingua estranxeira (inglés ou francés).   

Ningún comentario: