domingo, 3 de febreiro de 2019

VISITA DOS CENTROS DA ZONA 2019

Ola benvidos/as, falaremos da nosa oferta formativa, dos procedementos de solicitude de praza e matrícula nas distintas etapas, dos ciclos medios e básicos que temos, tentaremos tamén solucionar as vosas dúbidas, e por último convidarémosvos a un paseo polo centro coa axuda dos/as vosos/as compañeiros/as de bacharelato e ciclos medios.


CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN
Para a ESO e o bacharelato:

  • Prazos para centros adscritos: 1-15 febreiro
  • Prazo de solicitudes: 1-20 marzo
  • Procedemento: a través de internet ou presencialmente
  • Solicitudes: AnexoI si é un centro adscrito, AnexoII si non o é.
  • Prazo de matrícula: 25 xuño-10 xullo
  • Prazo extraordinario de matrícula: 1-10 setembro
  • Se queres podes consultar a Orde 25 de xaneiro pola que se regulao procedmento de admisión.
Para FP de grao medio:
  • Presentación de solicitudes: 25 xuño-3 xullo
  • Listaxe provisional de solicitudes: 6 xullo
  • Reclamacións: 6-10 xullo
  • Listaxe definitiva de solicitudes: 17 xullo
  • 1ª Adxudicación: 17 xullo
  • Matriculación 1ª adxudicación: 17-24 xullo
  • 2ª Adxudicación: 27 xullo
  • Matriculación 2ª adxudicación: 27-31 xullo
  • Logo hai outro período extraordinario de admisión para os que lle queden materias para setembro.
Para FP de grao básico:
  • Prazo de presentación de solicitudes: 3-11 setembro
  • Procedemento: Presentarase unha única solicitude no centro da túa 1ª opción, o Anexo I.
  • Documentación: Copia do DNI, Anexo IV
  • Listaxe de admitidos/as: 12 setembro
  • Reclamación á listaxe: 13-14 setembro
  • Prazo de matrícula: 13-20 setembro
  • Se queres mais información podes consultar a Orde que regula o procedemento de admisión. 

ITINERARIOS DE BACHARELATO

O bacharelato no IES de Curtis queda organizado en tres modalidades, das que terás que escoller unha, así como en materias troncais, troncais de opción, específicas e de libre configuración, adecuadas para completar o itinerario que escollas.
Consulta a estructura de 1º de bacharelato ou a de 2º de bacharelato.
Na folla de matrícula tamén podes consultar a organización de materias e que tipo de decisións terás que tomar para cubrila.


OFERTA DO IES DE CURTIS EN FP DE GRAO MEDIO E GRAO BÁSICO

Ningún comentario: