luns, 18 de febreiro de 2019

QUERES FACER FOTOGRAFÍA?

As ensinanzas de fotografía son ensinanzas artísticas, catalogadas dentro das ensinanzas de artes plásticas e deseño. A oferta xeral deste tipo de ensinanzas consiste nun grupo de ciclos de formación profesional artístico que poderás consultar en "ver mais" se desexas mais información.


OFERTA ACADÉMICA DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO


Familia de comunicación gráfica e audiovisual:


Familia Escultura:

  • CS Ebanistería artística
  • CS Escultura aplicada ao espectáculo
  • CS Dourado, prateado e policromía
  • CS Técnicas escultóricas

Familia Cerámica artística:

  • CS Cerámica artística

Familia Deseño de interiores:

  • CS Arquitectura efémera

Familia Xoiería artística:

  • CS Xoiería artística
  • CM Procedementos de Xoiería artística

Familia Artes aplicadas ao libro:

  • CS Gravado e técnicas de estampación
  • CM Serigrafía artística

Acceso:
A grao medio necesitas o GESO e superar unha proba específica, se non tes o GESO deberás ter 17 ou cumplilos no ano natural e superar dúas probas: unha de madureza e a específica
A grao superior precisas o título de bacharelato e superar unha proba específica, se non tes o título de bacharelato deberás ter 19 ou cumplilos no ano natural, ou 18 cun título de grao medio da mesma familia ca queres acceder, e superar dúas probas: unha de madureza e outra específica.
Acceso directo:
Estarán exentos da proba específica os/as que estén en posesión dun título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño, dunha familia relacionada co ciclo.
Os que teñan o título de bacharelato artístico ou os/as que acrediten experiencia profesional dun ano como mínimo relacionado coas competencias profesionais do ciclo ao que se quere acceder.
Inscripción:
A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.
Datas:
Desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG ata o día 25 de xuño, para os ciclos de grao superior, e ata o 6 de setembro para os ciclos de grao medio.
Documentación:
Modelo de solicitude cuberto, o consigues na Escola de arte onde impartan as ensinanzas que desexas facer.
DNI
Título da ESO ou bacharelato ou certificación académica.
As probas:
Para grao medio a de madureza o ano pasado foi o 10 de setembro
A proba específica para grao medio foi o 14 de setembro.
Para grao superior celebráronse na Escola Mestre Mateo de Santiago
A proba de madureza foi o 3 de xullo
A proba específica foi o 10 de xullo
Formalización de matrícula:
Grao medio: días 20 e 21 de setembro, ambos os dous inclusive.
Grao superior: do día 23 ao 30 de xullo, ambos os dous incluídos

FOTOGRAFÍA
Podes estudiar este ciclo na Escola Pablo Picasso en Coruña, o si o prefires na Escola Mestre Mateo de Santiago, ou en Ourense na Escola Antonio Failde, en Lugo, na Escola Ramón Falcón,

Ningún comentario: