martes, 28 de maio de 2013

Admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o 2013/2014

Instrucións

A inscrición farase na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución (14 de maio) e o día 13 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, o centro deberá expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.

Requisitos:
  • En posesión do título de bacharel 
  • Superación dunha proba de acceso, os que estén en posesión do título de técnico superior en artes plásticas e deseño accederán sen proba.
Inscrición ás probas:

Realízase na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia
Do 14 de maio ao 13 de xuño.
Deberedes cubrir unha solicitude de admisión e entregala na secretaría do centro xunto coa documentación que proceda.
Consulta si estás admitido o día 14 de xuño, senon poderás reclamar entre o 17 e o 18.

Data das probas:
25 de xuño
As probas
Exercicio 1: Análise dun texto relacionado cos bens culturais
Exercicio 2: Escoller dúas materias entre Hª de España, Hª da Arte, Física e Química, Bioloxía. 
Exercicio 3: 
  • Realizar un debuxo do natural
  • Realización dun traballo sobre representación da cor
  • Realización dun traballo práctico para valorar a habilidade manual.
Datas de matrícula
Do 8 ao 19 de xullo.

Accede á convocatoria

Ningún comentario: