martes, 28 de maio de 2013

Acceso á Escola Superior de Arte Dramática

Inscrición para realizar as probas: 
A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no prazo comprendido entre o 14 de maio e o 14 de xuño, ambos incluídos.
Requisitos:
En posesión do título de bacharel e superar unha proba específica.
Proba específica. 
O sistema de acceso constará dunha única proba que comprenderá
dous exercicios. O primeiro exercicio é común a todas as especialidades e consistirá en
dúas probas escritas. A primeira consistirá na análise dun fragmento dunha obra dramática e a segunda, consistirá na análise dun fragmento dun ensaio teatral. O segundo exercicio estará referido á especialidade pola cal opten, o cal se determina nas epígrafes seguintes:
• Especialidade de Interpretación:
1) Traballo en grupo.
2) Traballo de interpretación.
3) Entrevista persoal.
• Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia:
1) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria.
2) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática.
3) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia.
4) Proba de dirección de actores.
5) Entrevista persoal.
• Especialidade de Escenografía:
1) Realización dun debuxo do natural.
2) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto.
3) Comentario dun texto relacionado coa escenografía.
4) Entrevista persoal.
Calendario
Comunicación dos resultados: 9 xuño
Listas de admitidos: 12 xullo
Matrícula: do 15 ao 30 de xullo

Accede á convocatoria

Ningún comentario: