domingo, 24 de marzo de 2013

AXUDAS PARA MELLORAR A TÚA FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS









A Consellería de Educación convoca un montón de prazas para formarte en linguas estranxeiras durante este curso, estas axudas están destinadas a vós os alumnos/as de 6º de primaria, 1º,2º,3º,4ºde ESO, 1º e 2º de bacharelato e tamén os que estudan algúns ciclos formativos.

PRAZOS:

Desde o 22 de marzo ata o 23 de abril.

REQUISITOS:

- Ter superadas todas as áreas, materias e módulos do curso 2011-12.
- Ter acadado mínimo ben en 6º de primaria para os que cursen na actualidade 1º de ESO, e de 6 para  os que estén en 2º, 3º, 4º de ESO, de bacharelato e ciclos formativos na área de lingua estranxeira.
- Non ter concedida, no presente curso, outra axuda coa mesma finalidade.
- Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte, para os maiores de 14 anos.

DOCUMENTACIÓN:

- Certificación académica  coa nota media do curso 11/12
- Fotocopia do DNI da nai, do pai e do/a solicitante, excepto menores de 14.
- Autorización do pai e da nai para coñecer os ingresos totais da unidade familiar (anexo III).
- Declaración de non ter concedida no presente curso outra axuda coa mesma finalidade (anexo IV)
- Fotocopia do libro de familia.
Se precisas máis información pica no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Tamén podes preguntarlle a orientadora do IES.

Ningún comentario: