Amosando publicacións coa etiqueta usc. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta usc. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de abril de 2026

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC 2026

A universidade de Santiago organiza entornos virtuais para difundir un maior coñecemento da USC entre o alumnado de bacharelato.
Neste curso os Encontros Virtuais terán lugar os días 13 e 14 de abril de 2026. Para cada titulación poderás acceder a unha videoconferencia atendida polo profesorado do centro. Accede pinchando aquí.


mércores, 20 de decembro de 2023

CHARLA SOBRE USC

O profesor de matemáticas Celso Rodríguez, que foi decano da facultade e director do departamento de matemáticas, na actualidade colabora coa CIUG (Comisión Interuniversitaria Galega) no desenvolvemeto do programa APONTE que facilita o tránsito entre o instituto e a universidade

Deu dúas charlas, unha sobre a USC e outra sobre a ABAU, deixámosvos as presentacións (nas imaxes) que tan amablemente comparte este profesor con nós, para que as teñades a vosa disposición por si queredes consultar algo.


xoves, 20 de maio de 2021

NOVO GRAO EN XESTIÓN CULTURAL NA USC

No próximo curso a Universidade de Santiago implanta un novo grao, no campus de Lugo. Está orientado á formación de profesionais do sector público e privado encargados/as en difundir cultura (arte, patrimonio, cine, espectáculos, música, publicidade, televisión e radio, videoxogos, edición, turismo cultural, etc).

Pertence á facultade de humanidades, accede ao campus de Lugo.



sábado, 27 de abril de 2019

ALOXAMENTO UNIVERSITARIO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA 2019

Se precisas un lugar para vivir e estudar en Santiago, a vicerreitoría de Estudantes publicou  1.071 prazas para estudantes de grao, master, investigadores/as en formación, posgraos, alumnado de intercambio etc, a convocatoria publicouse no mes de abril e o proceso para solicitar praza abarca desde o 2 de maio ata o 28 de xuño.
Na convocatoria poderás consultar os criterios de admisión, nºde prazas dispoñibles para cada sector, documentación que terás que presentar e o lugar.