Se precisas un lugar para vivir e estudar en Santiago, a vicerreitoría de Estudantes publicou 1.071 prazas para estudantes de grao, master, investigadores/as en formación, posgraos, alumnado de intercambio etc, a convocatoria publicouse no mes de abril e o proceso para solicitar praza abarca desde o 2 de maio ata o 28 de xuño.
Na convocatoria poderás consultar os criterios de admisión, nºde prazas dispoñibles para cada sector, documentación que terás que presentar e o lugar.
A solicitude deberá cumprimentarse no formulario accesible por vía telemática que figura na páxina Web:
http://www.usc.es/gl/servizos/sur/convocatorias.html
Logo terás que entregala no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado (Pavillón Estudantil - Campus Vida), ou por calquera dos procedementos recollidos na normativa de procedemento administrativo.
Os prezos (esto hai que actualizalo) das habitacións son iguais para todos os centros do SUR (Servizo Universitario de Residencias), dependendo de si a habitación é individual ou dobre, estas prazas están subvencionadas en función da renda dispoñible do solicitante de acordo con cinco niveis. Para as rendas que sobrepasan determinado topo os prezos son sen subvención.Logo terás que entregala no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado (Pavillón Estudantil - Campus Vida), ou por calquera dos procedementos recollidos na normativa de procedemento administrativo.
Estos son os colexios e residencias da USC, é decir o SUR: tres Colexios Maiores "Rodriguez Cadarso", "San Clemente" e "Fonseca", e dúas Residencias Universitarias "Burgo das Nacións" e "Monte da Condesa", situados todos no Campus de Compostela.
Se queres mais información contacta co OIU (Oficina de Información Universitaria) de Santiago, todo esto está na páxina da USC no apartado de residencias, tamén podes acudir ao departamento de orientación do IES de Curtis ou contactar conmigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario