Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións

sábado, 26 de maio de 2018

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2018

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia as probas para obtención dos Premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase ditos estudos no curso 2017-2018.
REQUISITOS:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2017-2018 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos

xoves, 2 de maio de 2013

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 12/13

Destinatarios/a


Para alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 12-13 e cumpla estos requisitos.

Características dos premios
  • Concederanse un máximo de 20 premios extraordinarios
  • Cada premio estará dotado con 1000 euros.
  • Serán compatibles con outros premios.
  • Recibirá ademais da contía económica, un diploma acreditativo e a secretaria do centro anotaralle no expediente académico a distinción correspondente.
  • Os que obteñan o premio poderán quedar exentos durante o 1º ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no 1º curso dos estudos superiores.
Requisitos participación

Ter rematado o bacharelato no presente curso e titular en xuño cunha media >= 8,75 puntos, e non ter débedas nin con Facenda nin coa Administración.

Prazos 

Remata o día 7 de xuño de 2013

Forma de presentación de solicitudes

Poderás imprimilo en papel no anexo I da convocatoria, e unha vez cuberto entregralo na secretaría do centro, ou no rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
Tamén poderás cubrilo na aplicación informática e logo imprimilo e entregalo nos lugares citados.
Si tes sistema de sinatura aceptada pola sede electrónica poderás presentalo de forma electrónica no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es. Se tes dificultades podes chamar ao 012 ou comunicarte con: 012@xunta.es

Documentación
  1. Folla de inscrición cuberta según o anexo da Orde
  2. Certificación académica dos estudos de bacharelato
  3. Documentación xustificativa da transferencia de datos por parte da dirección do centro na aplicación informática: http://www.edu.xunta.es/premiosbac
As probas para a obtención do premio

1ª  Parte (2 horas):
Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.
Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada como común en bacharelato, sen diccionario e no idioma correspondente.

2ª Parte (1 hora):
Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercícios prácticos dunha materia propia de modalidade a elixir entre: bioloxía, debuxo artístico II, física, historia da arte, historia da música e da danza, latín II, literatura universal, matemáticas II, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, química, técnicas de expresión gráfico-plástica e xeografía.

Cualificacións

Cualificarase entre 0 e 10 puntos cun decimal.
A puntuación total será a suma de cada cualificación obtida. Para aspirar ao premio debe obter mínimo de 5 en cada unha e 21 ou máis na cualificación total.

¡¡Sorte!!