Convócanse
na Comunidade Autónoma de Galicia as probas para obtención dos
Premios extraordinarios de bacharelato para
o alumnado que finalizase ditos estudos no curso 2017-2018.
REQUISITOS:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2017-2018 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos

PRAZO
DE SOLICITUDES:
O
prazo de presentación de solicitudes é de un
mes contado a partir do 2 de maio
de 2018.
As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal

NÚMERO
E CARACTERÍSTICAS DOS PREMIOS:
1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.

4.
O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da
contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do
centro público onde estea depositado o expediente académico,
anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2018-2019.
PROBA
O alumnado deberá realizar unha proba que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade, realizándose de forma simultánea nas distintas sedes.
Data da proba: 22 de xuño

Ningún comentario:
Publicar un comentario