venres, 10 de xuño de 2022

SOLICITAR PRAZA NUN CICLO DE FP 2022

Xa se publicou o calendario de solicitude de praza e matrícula para a FP, o proceso comeza o 23 de xuño no que debes presentar a túa solicitude cuberta de forma online (mira este video), e unha vez que te adxudiquen praza, terás que matricularte. Vete facendo unha listaxe de cinco ciclos formativos por orde de preferencia, consulta o catálogo.

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

  • Instrucións sobre como realizar a solicitude web (Pendente de publicación)
  • Vídeo de axuda para realizar a solicitude web
  • A solicitude web realizarase usando o asistente informático na seguinte ligazón: Asistente informático (Solicitude web)

Ningún comentario: