martes, 24 de maio de 2022

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS DE FP 2022

Mañá é a proba de acceso aos ciclos medios de FP, consulta o lugar onde te tes que presentar, depende do lugar onde te inscribiste. Terás que estar alí ás 9:00, á presentación, co DNI e o resgardo da inscripción, debes levar boli azul ou negro e o material permitido. Os exercicios comezarán ás 9:30: Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais. Das 16:00 ás 18:00 horas Ciencias da natureza e Tecnoloxía. Recorda que non deixan dispositivos electrónicos, repasa se queres as instruccións. Recorda que: nos exames soamente haberá unha resposta correcta. A cualificación obtida en cada pregunta correctamente contestada será de 0,5 puntos. As respostas incorrectas descontarán 0,125 puntos cada unha. As preguntas non contestadas non descontarán puntuación. Trata de non arriscar moito e...moita sorte.

Ningún comentario: