Se precisas un lugar para vivir e estudar en Santiago, a vicerreitoría de Estudantes publicou 972 prazas para estudantes de grao, master, investigadores/as en formación, posgraos, alumnado de intercambio etc, a convocatoria publicouse o 26 de abril, e o proceso para solicitar praza abarca ata o 28 de xuño. En Coruña e Ferrol se solicita do 16 de xuño ata o 16 de xullo.
Na convocatoria poderás consultar os criterios de admisión, nºde prazas dispoñibles para cada sector, documentación que terás que presentar e o lugar. Tamén atoparás aloxamento público na udc (Elvira Bao en Coruña e Residencia pública en Ferrol), e na uvigo
A solicitude deberá cumprimentarse no formulario accesible por vía telemática, e logo entregar a documentación que te pidan.
Os prezos das habitacións son iguais para todos os centros do SUR (Servizo Universitario de Residencias), dependendo de si a habitación é individual ou dobre, estas prazas están subvencionadas en función da renda dispoñible do solicitante de acordo con cinco niveis. Para as rendas que sobrepasan determinado tipo os prezos son sen subvención.Estos son os colexios e residencias da USC, é decir o SUR: tres Colexios Maiores "Rodriguez Cadarso", "San Clemente" e "Fonseca", e dúas Residencias Universitarias "Burgo das Nacións" e "Monte da Condesa", situados todos no Campus de Compostela.
Se queres mais información contacta co OIU (Oficina de Información Universitaria) de Santiago, todo esto está na páxina da USC no apartado de residencias, tamén podes acudir ao departamento de orientación do IES David Buján de Cambre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario