A Consellería de Educación publicou a orde do 29 de decembro de 2017, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2018.
Para saber os requisitos accede ao enderezo do portal da Xunta: requisitos
Se tes mais de 18 e queres intentalo, consulta: Solicitudes e documentación.
Se queres mais información accede ao seguinte enderezo, o blog de Monica Diz Orienta, onde poderás atopar información actualizada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario