O
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación Española
para la Ciencia y la Tecnología, convoca axudas para participar no
programa “Campus Científicos de verano” podes consultar a convocatoria aqui ou na seguinte dirección:
Pretende
fomentar o interés pola ciencia e a tecnoloxía entre o alumnado de
4º e 1º de bacharelato (da modalidade ciencias e tecnoloxía), e
que teñan unha primeira experiencia de contacto coa labor
investigadora, a través de proxectos dirixidos por profesores/as
universitarios e de secundaria. Accede ao BOE. Accede á ficha de solicitude que terás que cubrir online.
Os Campus terán lugar do 1 ao 28 de xullo de 2018, en catro quendas de 7
días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía. Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos ás 13 universidades que colaboran na organización do Programa.
Primeiro turno | Estudantes de 1º de Bacharelato. Do 1 ao 7 de xullo. |
Segundo turno | Estudantes de 1º de Bacharelato . Do 8 ao 14 de xullo. |
Terceiro turno | Estudantes de 4º de ESO. Do 15 ao 21 de xullo. |
Carto turno | Estudantes de 4º de ESO. Do 22 ao 28 de xullo. |
Destinatarios/as:
- Estar cursando, na modalidade de Ciencias, 4º ESO ou 1º Bacharelato
- Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2000
- Non ter sido beneficiairo/a en edicións anteriores a esta convocatoria
- Ter un 8,5 de media no curso anterior.
- Estar situado/a nun orde de prelación, según a nota media, que permita a obtención da axuda.
Dotación:
A axuda cubre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento, asistencia de monitores e manutención dos alumnos/as quenes contarán, asimesmo, cun seguro que cubra continxencias de accidente e responsabilidade civil durante o desenvolvemento dos Campus. Non cubre os gastos do traslado desde o voso domicilio ata o Campus asignado. O/a beneficiario/a deberá desembolsar 80 euros en concepto de matriculación.
Prazos:
Do 16 de febreiro ao 9 de marzo.
Contacto Campus Científicos
Contacto Campus Científicos
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología.
C/ Pintor Velázquez, 5 - 28100 Alcobendas (Madrid)
C/ Pintor Velázquez, 5 - 28100 Alcobendas (Madrid)
Horario de atención telefónica de 9:00 a 13:30h
- Teléfono: (00 34) 91 425 18 18
- E-Mail: informacion@campuscientificos.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario