domingo, 26 de xullo de 2020

REPASAMOS A SOLICITUDE DE PRAZAS NO SUG

Seguro que xa tes feita a túa solicitude de preinscrición de prazas no SUG por orde de prioridade, recorda que aquí en Galiza o prazo remata o 28 de xullo.
 A partir de agora terás que esperar que te den unha praza no grao desexado, todo se consulta na aplicación Nerta. Si apareces convocado para matricularte no grao que solicitas en primeiro lugar, matricúlate, si apareces convocada para outro grao que non sexa a primeira preferencia podes esperar a que te den algo mellor en sucesivas convocatorias, en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia, pero deberás confirmar a través do NERTA que te interesa seguir nas listaxes, se non o fas decaen os teus dereitos. Sigue lendo si queres repasalo.
Para cada chamamento terás dous días de matrícula, repasámolos:
  • O 28 de xullo remata o prazo para presentar a solicitude no SUG
  • O día 11 de agosto publícase a primeiro chamamento de xente para matricularse
  • O 12 e o 13 de agosto poderás matricularte si te deron praza que te interese
  • O 17 de agosto publícase a 2º chamamento de xente para matricularse
  • O 18 e 19 de agosto poderás matricularte si te deron praza do teu interés
  • O 21 de agosto publícase o 3º chamamento para matricularse
  • Do 22 ao 25 poderás matricularte si te deron praza do teu interés
  • O 26 de agosto publican o 4º chamamento para matricularse
  • O 27 e 28 poderás matricularte
  • O 31 publican o 5º chamamento para matricularse
  • O 1 e 2 de setembro poderás matricularte
  • O 3 de setembro publican o 6º chamamento para matricularse
  • O 4 e 7 de setembro poderás matricularte
  • O 6 de outubro é o 7º chamamento para matricularse, é a convocatoria para os de setembro
  • O 7 e o 8 de outubro poderán matricularse
  • O 13 de outubro sairá o 8º chamamento 
  • O 14 e 15 de outubro poderedes matricularvos
  • O 16 de outubro será o 9º chamamento para matricularse
  • O 17 e 20 de outubro poderedes matricularvos.
Te deixo os enlaces aos enderezos mais importantes:

Ningún comentario: