mércores, 12 de xuño de 2019

PARA RAÚL E ISMAEL: PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN Á FP 2019

Podes ir mirando o que terás que facer, recorda que o prazo de admisión para o curso 2019-2020 comeza o 25 de xuño e remata o 3 de xullo, así que ainda non temos as instrucións para o presente curso. Consulta, a información que te deixo a continuación, para que vexas como foi o ano pasado, seguro que será moi parecido.
A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Deberá cubrirse unha única solicitude para cada grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.es/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación e da necesidade de entregar o impreso obtido, xunto coa documentación, en calquera centro de Galicia con oferta de FP sostida con fondos públicos. A solicitude non terá validez se non está selada, datada e validada polo centro, agás no caso de que a aplicación indique que a solicitude está validada e que non é preciso entregala nun centro.
  • As prazas adxudicadas publícanse nas listaxes de adxudicación. As persoas con praza adxudicada poden: Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Estar matriculado en calquera ensinanza, incluída a FCT, implica a renuncia a participar no proceso de admisión a ciclos formativos. 
  • Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP ou a distancia a través da aplicación informática. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza que se renuncia. 
  • Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas.

Distribución de prazas por ciclo




Ningún comentario: