mércores, 12 de xuño de 2019

LAURA: BECAS DE RESIDENCIA EN CRD

Se vives nunha zona onde non teñas moita oferta de estudos postobrigatorios non universitarios, podes solicitar unha beca de residencia e cursar estudos en Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo. Esta información é do curso pasado, a situación de pandemia paraliza e atrasa estas convocatorias, estarei pendente da deste curso.


BECAS DE RESIDENCIA

Obxecto:
A presente orde ten por obxecto regular o procedemento para adxudicar prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, ao alumnado que no curso académico 2019/20 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
Requisitos académicos:
  1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2019/20.
  2. Non repetir curso. Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento deste requisito, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da Inspección educativa.
  3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia.
Lugar de residencia da unidade familiar e accesibilidade aos estudos:
  1. A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
  1. Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento deste requisito, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos.
Criterios para o baremo:
1. As solicitudes valoraranse conforme a criterios socioeconómicos e de rendemento académico.
2. Os criterios socioeconómicos abranguen: composición da unidade familiar, orfandade ou calquera outra situación familiar especial; número de habitantes do lugar de residencia da unidade familiar e renda da unidade familiar.
3. Número de habitantes da entidade singular de poboación de residencia da unidade familiar:
En atención ao número de habitantes da entidade singular de poboación onde resida a unidade familiar, atribuirase unha puntuación
4. Renda da unidade familiar:
Atendendo á renda da unidade familiar, atribuirase unha puntuación que podes consultar na Orde onde se publican estas becas.
5. Rendemento académico:
  • Con carácter xeral, terase en conta o rendemento académico obtido no curso escolar inmediatamente anterior, é dicir, 2018/19, na realización de estudos que dean lugar á obtención dun título académico oficial, acreditado mediante o certificado oficial de notas. Cando a persoa solicitante non cursase estudos no ano académico inmediatamente anterior, terase en conta o rendemento académico do último curso que realizase.
  • A nota media será a media aritmética das cualificacións numéricas obtidas, expresadas con dúas cifras decimais.
6. Supostos excepcionais
As circunstancias persoais, familiares, sociais e económicas das cales derive unha problemática específica, así como o feito de residir en zonas con grandes dificultades de escolarización, poderán ser consideradas como supostos excepcionais e poderá outorgarse unha puntuación adicional de ata 10 puntos.

Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro residencial docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria (24 de maio) e o 12 de xullo de 2019 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria (24 de maio) e o 9 de agosto de 2019 (este incluído). 

Publicación das listaxes de admitidos/as

Antes do 30 de agosto, publicarase unha listaxe provisional na páxina web do centro residencial: Coruña, Ourense, Vigo
As listaxes definitivas publicaranse antes do 13 de setembro

Presentación de solicitudes en período extraordinario

Unha vez adxudicadas as plazas en período ordinario, se siguen existindo vacantes, o CRD abrirá un prazo extraordinario entre o 16 e o 20 de setembro ambolosdous incluidos.

Para estudos de Formación Profesional Básica

Se unha vez adxudicadas as prazas ao alumnado matriculado en estudos postobrigatorios nu 2019/20 seguisen existindo prazas vacantes, poderán adxudicarse a alumnado matriculado en FPB que reuna os requisitos.

Ningún comentario: