luns, 20 de maio de 2019

CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

Requisitos para o acceso a estes estudios
  • Estar en posesión do título de bacharel ou equivalentee superar unha proba específica de acceso, podes presentarte con pendentes e matricularte de forma provisional.
  • Poderán acceder aos estudos de Conservación e Restauración, sen realizaren proba específica, os que estén en posesión dun título de cnico superior en Artes Plásticas e Deseño.

Especialidades:
Arqueoloxía, Escultura, Pintura.
Requisito: ter o título de bacharelato e superar unha proba específica.
Terase que superar unha proba específica única para as tres especialidades, e válida so para o ano en curso.
Poderase acceder co título de bacharelato ou equivalente.
Con algunha materia pendente de bacharelato, poderase inscribir e realizar as probas específicas, e unha vez superadas poderase optar a praza co título de bacharelato.
Acceso directo
Cun título superior de artes plásticas e deseño
Prazo de inscrición nas probas: 14 de maio ao 7 de xuño
Data da proba: o 17 de xuño no IES As Fontiñas de Santiago para os que non cumpren co criterio de titulación
Data da proba específica: 4 de xullo na Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Ningún comentario: