martes, 10 de mayo de 2016

ACCESO E ADMISIÓN ÁS ENSINANZS SUPERIORES DE DESEÑO 2016/17


Requisitos para o acceso a estes estudios
  • Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente, e superar unha proba específica de acceso, podes presentarte con pendentes e matricularte de forma provisional.
  • Os que teñades o título de técnico superior de artes plásticas e deseño accederán sen facer a proba.
  • Poderán acceder aos estudos superiores en Deseño, sen realizaren proba específica, os que estén en posesión dun título de cnico superior en Artes Plásticas e Deseño.
Inscrición para as probas de acceso
Na Secretaría da Escola de Arte Superior de Deseño de Galicia elixida como primeira ou única opción.
Teredes que cubrir un impreso e entregalo na Secretaría do centro xunto coa documentación que prodeda: título de bacharel.

Prazo Do 10 de maio ao 7 de xuño.

Data proba
20 de xuño na ESAD Pablo Picasso de Coruña de acordo co seguinte calendario:
1ª parte: das 10:00 ás 13:00 h
2ª parte: das 16:00 ás 20:00 h

Estrutura da proba específica
Primeira parte: durante un máximo de tres horas, os/as aspirantes contestarán por escrito tres cuestións, formuladas por escrito polo tribunal, relacionadas cos seguintes temas: A historia das artes en xeral, a historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño en xeral, o deseño na especialidade que se aspira a cursar.
Segunda parte: durante un máximo de 4 horas, os/as aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo (a man alzada).  

Matrícula
O alumnado que obteña praza poderá formalizar a súa matrícula entre os días 6 e 15 de xullo, ambos os dous incluidos.
Accece á Escola Pablo Picasso
Información sobre as probas de acceso

No hay comentarios: