sábado, 26 de maio de 2018

PARA MATEO


Ola Mateo: estás en 3º de ESO e tes que decidir o que vas coller en 4º de ESO, quizá podes consultar as materias para 4º que se establecen por lei. Despois entérate como as van a ofertar no teu centro, tendo en conta que as troncais son obrigatorias e terás que facelas si o si: LG, LC, 1ª Lest, XH. 
Sigue lendo Mateo, que ainda hai mais....



Consulta os itinerarios que se ofertan no teu centro, os de Curtis son estos: 4º ESO e bacharelato.

Supoño que ofertarán mínimo dous itinerarios pero pode ser que sexan mais, un itinerario con matemáticas académicas e outro con matemáticas aplicadas para as persoas que queiran facer un ciclo medio, os/as que non queiran ir ao bacharelato. Recorda que nada impide nada, un que colla o itinerario aplicado pode cursar un bach de ciencias, pero ollo, vaille resultar dificil. Que convén? 
En 4º podes deixar BX e FQ sen cursar...ufff. Tamén podes coller cousas novas como economía e latín. Creo que falabas de coller bioloxía e economía? bueno eso indica que estás entre as ciencias da saúde e as ciencias sociais, o problema é que si ao final de 4º decides que cc da saúde faltaríache física e química...pénsao ben, a túa elección compromete o bacharelato. 

Si tes claro o que queres estudar no futuro colle as materias que te axuden a conseguilo.
Se non, ten en conta non pechar portas de forma prematura, revisa e reflexiona sobre como te foi na ESO, analiza o que te interesa, as materias que non te amarga tanto estudiar, consulta coa túa nai e cos profes que te coñecen, vai visitar a Marta, a orientadora, a César que controla un montón.
Non esquezas ter en conta os parámetros de ponderación aprobados para cada curso, e as notas de corte.
Un bico e verémonos pronto noutra beautiful excursión..estou segura.

Ningún comentario: