xoves, 12 de abril de 2018

XORNADAS LIDÉRATE

Resultado de imaxes para on y vá
LIDÉRATE é o nome dunha xornada de orientación profesional, marca persoal e emprendemento para estudantes de 4ºESO, Bac. e ciclos formativos organizadas polo equipo ONyVÁ e impulsada pola Xunta de Galicia. 





Durante estas xornadas compartirase cos e coas participantes as claves para diferenciarse e triunfar no mercado profesional, e orientarase nas oportunidades de emprego e emprendemento. 
Cada asistente, ademáis de obter información de sumo interese e vanguardia, recibirá un diploma de participación e poderá acceder á plataforma on-line LIDÉRAte de capacitación para o desenvolvemento persoal. 

O encontro terá lugar o 29 de Maio no espazo xoven de Curtis, de 16:30 a 19:30. 
Se estades interesados/as en participar comunicádeo á orientadora do IES e ela encargarase de reservarvos praza. 

Para máis información ou calqueira dúbida podedes visitar https://www.helloonyva.es/ ou chamar ao 680223457

Ningún comentario: