viernes, 16 de diciembre de 2016

1ª ACTIVIDADE DO PROGRAMA "A PONTE"


O día 19 de febreiro, o vindeiro luns no IES de Curtis, de 10:45 a 11:35, virá Luis M. Hervella Torrón, Delegado do Reitor para o Ensino Medio, vicepresidente da CIUG e coordinador do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” (proporcionan orientación para os futuros estudantes e estudantas universitarios/as, e poidan elixir o que mais se adapte as súas preferencias).

A charla desenvolverase no salón de actos, e tratará de contarnos cousas do campus de Santiago e Lugo, oferta académica, servizos e sobretodo despexar dúbidas con respecto á forma de acceso ao SUG.