xoves, 10 de febreiro de 2011

ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL




ENSINANZAS ARTÍSTICAS


Garantizan a preparación de profesionais da música, a danza, a arte dramática e as artes plásticas e o deseño. Son ensinanzas artísticas:


a) Ensinanzas elementais de música e danza: precisan superar unha proba específica de acceso.


b) Ensinanzas artísticas profesionais: ensinanzas profesionais de música e danza, así como os ciclos de grao medio e superior de artes plásticas e deseño. Precisan unha proba específica aparte do Graduado en ESO; a superación destas ensinanzas conduce ao título profesional de música ou danza, e ao de técnico ou técnico superior correspondentes.

c) As ensinanzas artísticas superiores: estudios superiores de música e danza, arte dramático, conservación e restauración de bens culturais, os estudos superiores de deseño e os estudios superiores de artes plásticas (vidro e cerámica). Precisan unha proba específica aparte do título de bacharel. A superación destas ensinanzas conducen a un título superior equivalente a Diplomado ou de Grao.


ENSINANZAS DEPORTIVAS


Preparan para a actividade profesional en relación a unha modalidade ou especialidade deportiva. Se queres consultar a oferta educativa pica no seguinte enlace. Precisan dunha proba específica aparte dos requisitos xerais exixidos. A superación destas ensinanzas conduce ao título de técnico deportivo ou técnico deportivo superior.


ENSINANZAS DE IDIOMAS


Capacitan ao alumnado para o uso axeitado dos diferentes idiomas fóra das etapas ordinarias do sistema educativo. Se queres consultar a oferta educativa pica no seguinte enlace. Para acceder será requisito imprescindible ter 16 anos cumpridos no ano en que se comencen os estudos, e os maiores de 14 se cursan un idioma distinto do cursado na ESO. Serán impartidas nas Escolas Oficiais de Idiomas. O título de bacharel habilitará para acceder directamente aos estudos de idiomas de nivel intermedio da 1ª lingua estranxeira cursada no bacharelato.

Ningún comentario: