sábado, 4 de febreiro de 2012

XX XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL


Do 26 de marzo ao 20 de abril de 2012, terán lugar estas xornadas. Poderás escoller entre visitas guiadas a centros de FP de Coruña e á UNED, así como asistir a mesas informativas onde recollerás a información que precises.
Nestas xornadas terás a posibilidade de completar a túa información sobre as opcións académicas que te interesen acerca de ciclos formativos, estudos universitarios e outras ensinanzas non reguladas:
  • As forzas armadas
  • Policía
  • Garda civil
  • Vixiantes de seguridade
  • Deseño, turismo, Azafatas de terra e auxiliares de voo, monitores de tempo libre, teatro, Restauración, e un montón de ciclos de FP
  • Titulacións universitarias do Sistema universitario galego...
Consulta o díptico colgado na páxina da web educativa do ayuntamento de Coruña picando aquí, solicita o que queiras cubrindo os datos a través da túa titora ou titor, xa que necesitarás unha credencial para poder asistir.


¡Anímate!

Ningún comentario: