mércores, 9 de abril de 2025

BECAS DE CARÁCTER XERAL CURSO 2025-2026S

Publicouse a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 25-26.

.Prazo: Do 24 de marzo ao 14 de maio. Fai a túa solicitude na páxina da sede electrónica do Ministerio de Educación

 Seredes considerados beneficiarios/as das becas si percibides directamente o importe ou si o obtedes mediante a exención do pago por un determinado servizo académico.

xoves, 28 de novembro de 2024

VISITA DA USC AO IES DAVID BUJÁN

 Universidade de Santiago de Compostela

Onte, de 16:30 a 18:30 visitounos o profesor de matemáticas da USC, Celso Rodríguez Fernández, para falarnos das novidades das PAU (Probas de Acceso á Universidade) 2025, e das características da USC co obxectivo de axudarnos a facilitar o tránsito entre etapas. Veu un total de 24 persoas entre alumnos/as de 2º de bacharelato e familias. Aquí quedan as presentacións que utilizou o profesor para guiar a charla, esperamos que vos gusten.

 CiUG | CiUG

xoves, 11 de xullo de 2024

ADMISIÓN FP 24-25

Recorda consultar si estás nas listaxes de solicitudes, esto podes facelo no asistente informático da Xunta de Galicia, terás que entrar co teu DNI e o teu código de consulta. Si non apareces nas listaxes ou atopas erros, terás que reclamar, esto faise no mesmo asistente informático. Para reclamar tes de prazo ata o día 12, consulta o calendario.Consulta o procedemento para ver as solicitudes. Entra en "ciclos admisión" o asistente informático onde poderás comprobar as túas solicitudes e reclamar tamén, si non apareces ou atopas erros. 

domingo, 16 de xuño de 2024