Prazo: Do 27 de marzo ao 17 de maio. Fai a túa solicitude na páxina do Ministerio de educación.
BECAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO2023-2024 CONVOCADAS POLO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FP
Prazo:
Do 27 de marzo ao 17 de maio
Requisitos
a) Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título oficial do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca.
b) Cumplir os requisitos básicos do RDD 1721/2007 e no Decreto 117/2023:
Estar matriculada/o nalgunha ensinanza do sistema educativo español:
Bacharelato, FP, Ensinanzas artísticas profesionais, Ensinanzas de idiomas, Ensinanzas deportivas, Ensinanzas conducentes a un título universitario de grao ou máster, Ensinanzas artísticas superiores, outros estudos superiores.
Educación infantil, EP, ESO, FPB, cursos para a preparación de probas de acceso á FP e á universidade
Ser español/a
Poderá solicitarse para ensinanzas presenciais e non presenciais
Para NEE deberá ser identificado/a por persoal coa debida cualificación
Para obter a beca os/as de 1º bacharelato deben obter mínimo 5 en 4ºESO ou proba específica. Para o resto de estudos deben acreditar que non están repetindo, os/as de 2º e posteriores deben acreditar que superaron tódalas materias excepto unha. Non se concede beca ou axuda para repetir curso total o parcialmente.
Para os/as de grao deberán matricularse dun mínimo de 60 créditos ou mais. Non será exixible por unha soa vez, no caso de alumnos/as aos que, tras finalizar os estudos, lles reste un número inferior ao mínimo exixido, sempre que non disfrutaran da condición de becario/a durante mais anos do previsto. As asignaturas ou créditos convalidados non se terán en conta
Cuantías para estudos postobrigatorios:
Fixas: beca de matrícula (o pago da matrícula), cuantía ligada á renta do/a solicitante, cuantía ligada á residencia da universitaria durante o curso escolar (pago para a residencia), cuantía ligada á excelencia no rendemento académico, beca básica
Variables: é unha cuantía resultado da ponderación da nota media do expediente e da súa renda familiar. Cada curso fíxanse importes mínimos e máximos.
Para alumnado con NEAE: serán para a escolarización e pago dos gastos no cubertos por fondos públicos, gastos de desplazamento, comedor escolar, residencia escolar, libros e material didáctico, reeducación pedagóxica e da linguaxe, subsidios. No caso de altas capacidades, será para o pago dos gastos derivados da asistencia a programas específicos, deberán ser identificados por persoal coa debida cualificación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario